Villares considera “insuficiente” a comisión de estudo dos incendios ao non incluír unha “alternativa para o territorio”

Villares lembra que a culpa da contaminación das augas é da "incompetencia e da falta de previsión da Xunta"

O voceiro do grupo En Marea, Luís Villares, cuestiona a utilidade da comisión de estudo dos incendios impulsada no Parlamento galego. A coalición de esquerdas denuncia a “inacción” da Xunta de Galicia ante a contaminación das augas por mor das cinzas da pasada vaga de lumes, unha cuestión da que xa advertía En Marea e instaba ó goberno de Núñez Feijóo a actuar con celeridade.

Agora estamos padecendo as consecuencias da nula xestión da Xunta de Galicia

Cómpre lembrar tamén que En Marea denunciara recentemente a exclusión desta organización da Mesa desta comisión para o estudo das reformas de política forestal