Home Programas Área Compostela Viaqua e Augas de Galicia deberán mellorar con obras os puntos negros por inundación

Viaqua e Augas de Galicia deberán mellorar con obras os puntos negros por inundación

0

As últimas choivas deixaron en evidencia que en Santiago hai unha serie de lugares con dificultades por inundación. O problema non é novo mais o goberno municipal quere que non continúe así.

O Concello considera que é unha obriga da empresa concesionaria asumir o custo destas obras

A Xunta de Goberno de hoxe acordou requirir a Viaqua e a Augas de Galicia que acometan obras neses lugares tal e como informou en rolda de prensa o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Onde?
Rúa de Frei Rosendo Salvado, rúa da Senra, República de El Salvador, praza Roxa e Ramón Cabanillas; rúa de Entrerríos, confluencia coa rúa das Galeras; confluencia da calzada de Santo Antonio coa calzada de San Pedro; rúa de Santa Clara, rúa de Berlín e vía Edison e nas proximidades da intersección coa vía Diesel. Sendo competencia de Augas de Galicia, desde Raxoi solicitar diversas reformas no rego do Cancelón (parque de Belvís) e na parte traseira das edificacións da rúa do Olvido.

O Concello tamén requirirá a Urbaser que no Polígono Indus trial do Tambre proceda a implantar novos protocolos de actuación para evitar que os restos dos embalaxes que se atopen na vía pública e que poidan obstruír os puntos de captación dos escorrementos superficiais.