Home Programas Área Compostela Uxía e a Real Filharmonía venden todas as entradas para o concerto deste xoves

Uxía e a Real Filharmonía venden todas as entradas para o concerto deste xoves

0
Uxía e a Real Filharmonía venden todas as entradas para o concerto deste xoves

Uxía continúa aser unha das protagonistas destas Festas do Apóstolo 2017. Desta vez polo concerto que realizará xunto á Real Filharmonia de Galicia na Praza da Quintana o vindeiro xoves 20 de xullo ás 21 horas e que xa agotou o seu aforo.

Martiño Noriega: “É un concerto especial”

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo mediante un concerto dirixido por Paul Daniel.

A primeira experiencia sinfónica de Uxía

Paul Daniel: “Este ano eu quería facer algo diferente e Uxía aportará un bonito contraste”

Na rolda de prensa tamén participaron o director titular da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, quen asegurou que é un admirador da cantante galega. A propia Uxía explicou que esta será a súa primeira experiencia musical deste tipo e agradeceu tamén o traballo da compositora Zeltia Montes.

O concerto repetirase o venres no Auditorio Mar de Vigo, no marco da segunda edición do Festival Illas Cíes.