Unha exposición homenaxea a Fernando Rey na Coruña

A mostra estará no Kiosko Alfonso a partir do 20 de novembro

Fernando Rey terá unha merecida homenaxe na súa cidade a través dunha exposición fotográfica. A iniciativa do concello de lembrar a figura do recoñecido actor busca, en palabras de José Manuel Sande, concelleiro da área de Culturas, Deporte e Coñecemento, “acabar coa débeda histórica que esta cidade sempre tivo para co recoñecemento dun veciño que foi referente do cinema internacional”. A mostra poderá verse de xeito gratuíto no Kiosco Alfonso dende o 20 de setembro até o 19 de novembro co nome de “Fernando Rey. Cabaleiro do cinema (1917-2017)”.

Mañá mércores se cumprirán 100 anos do nacemento de Fernando Rey Fonte; Keystone (Getty Images)

A exposición tratará as diversas etapas artísticas do actor a través da súa filmografía e da súa nenez na Coruña. Ademais, e en colaboración con esta iniciativa municipal, o Centro Galego de Artes da Imaxe-Filmoteca de Galicia (CGAI) levará a cabo un extenso ciclo a partir do día 21 coas películas máis destacadas do actor, como Viridiana, Tristana, Campanadas a medianoche ou The French Connection entre outros títulos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -