As traballadoras do fogar: máis de 30.000 mulleres esquecidas

As organizacións sindicais maioritarias esquecen a un colectivo numeroso: as máis de 30.000 mulleres que traballan entre as paredes e os teitos dos fogares. Un sector máis numeroso, en Galiza, que as e os mariñeiros pero que vive no completo silencio.