Touro, O Pino: A ameaza do cobre

Un documental de Xosé Bocixa

A ameaza da mina que a empresa Atalaya pretende reabrir en Touro e O Pino, na conca do río Ulla fai rexurdir as pancartas do “Galicia non é unha mina”.

Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual presentan un documental dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflicto xurdido en Touro e O Pino.

Unha explotación moi cuestionada que afectaría ao Camiño de Santiago, a moitas empresas de turismo, gandaría, agricultura, así como ás augas que abastecen a comarca, existindo riscos graves para a vida das personas de zonas coma Arinteiro. O rio Ulla podería verse gravemente afectado e mesmo as zonas marisqueiras da súa desembocadura na Arousa.