Tenso debate en Raxoi: “O PP traspasa todas as liñas”

Noriega rexeita as actitudes "sen ningún tipo de vergonza" do PP

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosou o seu disgusto ao remate da rolda de prensa da Xunta de Goberno pola actuación dos concelleiros e concelleiras do PP no Pleno ordinario do día anterior. Noriega sinalou que esta formación “traspasou todas as liñas” e que o fai “sen ningún tipo de vergonza”. O alcalde acusou a Agustín Hernández de tentar criminalizalo empregando os sucesos dos últimos días cos caixeiros bancarios e a situación en Cataluña.

Resposta do PP

O portavoz do PP no concello de Santiago, Agustín Hernández, considerou “lamentable” a actitude do alcalde da cidade e dos concelleiros e concelleiras de Compostela Aberta no pasado Pleno Ordinario. En rolda de prensa asegurou que os membros do seu partido teñen que “aguantar insultos” froito de “accións do pasado”.

Agustín Hernández: “As forzas do seguridade do Estado están lexitimadas para empregar a forza”

O voceiro do grupo do PP de Santiago, Agustín Hernández, mostrou o seu disgusto en rolda de prensa por non ser aprobada no Pleno municipal a súa proposta de apoio á actuación policial en Catalunya con motivo do 1-O. Preguntado pola última cifra de feridos como consecuencia das cargas policiais, que segundo fontes da sanidade catalá ascende a 1.066, seguiu defendendo a lexitimidade do CNP.