Talía Teatro presenta unha versión renovada de “Il servitore di due padroni”

A compañía galega adapta o concepto de 'Commedia dell'Arte' aos tempos actuais

Dous empresarios desaparecen sen deixar rastro após seren acusados de tráfico de influencias, malversación de fondos públicos e evasión fiscal. Asemade, a muller dun deles asegura descoñecer tanto o paradoiro do seu marido coma o alcance da súa actividade económica. Este pequeno relato podería responder a unha nova de actualidade, mais é o argumento de “O servidor de dous amos”, unha adaptación do clásico de Carlo Goldoni “Il servitore di due padroni” interpretada pola compañía galega Talía Teatro.

A obra, caracterizada pola súa visión renovada da Commedia dell’Arte tradicional do Renacemento italiano, representarase no Teatro Principal en catro funcións, entre o mércores 14 e o sábado 17 de febreiro, sempre ás 20.30 horas. Deste xeito, conmemórase o 30 aniversario da compañía compostelá, sempre comprometida coa cultura galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Entradas xa dispoñíbeis

As entradas terán un custo de 12 euros, co desconto do 50% para os colectivos habituais, e poderanse mercar dende este luns nas billeteiras do Teatro Principal ou no portal web entradas.abanca.com.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -