Talentos desterrados

O Consello da Cultura Galega organizou este xoves un evento para presentar ás persoas refuxiadas “dende a Ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento”

O século XX viuse marcado por millóns de desprazamentos forzados ao longo de todo o planeta. As cruentas ditaduras fascistas provocaron que as mentes máis brillantes de cada rexión tivesen que fuxir para seguir vivindo e, en moitos casos, desenvolver as súas carreiras profesionais nos países de destino. Este xoves, o Consello da Cultura Galega puxo en valor a todos estes heroes e heroínas que, moitas veces dende o anonimato e baixo o xugo do escurantismo, acadaron resultados brillantes no eido da ciencia.

Este é o caso de Eleuterio Toro, nado nunha pequena vila de Chile a mediados do século pasado e todo un exemplo de esforzo e superación. En maio de 1960 viviu en primeira persoa o devastador terremoto de Valdivia, que provocou preto de dous milleiros de mortes e marcou a súa posterior traxectoria académica. Unha década despois, após o golpe militar de Augusto Pinochet, Toro vese obrigado a fuxir das torturas e asasinatos que se estaban a producir nas universidades de todo o Estado. El puido ser unha vítima máis, pero tivo a sorte de pór rumbo ao Reino Unido para comezar unha nova vida e desenvolver o seu potencial como matemático.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Depuración” nas universidades durante o franquismo

Pola súa banda, Luis Enrique Otero, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid, centrou a súa actividade profesional en rescatar do esquecemento a tódolos mestres e mestras que sufriron a “depuración” orquestrada pola ditadura franquista nas universidades españolas. En total, tería sido apartado da ensinanza arredor do 40% dos e das profesionais de todo o Estado que defendían os idearios de modernización, totalmente opostos ao réxime de Franco.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -