Sobre Nós

Nós Televisión é un medio de comunicación cun equipo humano formado por profesionais do ámbito audiovisual, xornalístico e da publicidade coa conciencia situada en Galicia

Unha televisión divulgativa sobre cultura e lingua

Unha televisión consolidada no panorama mediático, un referente no audiovisual galego e con obxectivos claros: Producir e difundir contidos de calidade e de carácter divulgativo centrados sobre todo en cultura e lingua galegas

A canle que aposta de forma decidida polo galego.

Un espazo audiovisual para a maioría social e para tecer redes

Desde o xerme do proxecto puxemos en valor a idea de traballar dende abaixo e dende dentro, tecendo redes entre todos os axentes do país e concibindo o medio como un altofalante para reivindicar a nosa cultura, literatura, música, artes escénicas, cinema, o noso patrimonio, a nosa historia, as nosas raíces, e o noso idioma, extenso e útil, ferramenta fundamental que nos abre as portas ademais a todo o mundo lusófono

Líderes en difusión e fogares conectados

En continuo avance desde o nacemento no 2013, Nós Televisión aposta día a día por mellorar a súa accesibilidade no panorama televisivo, entrando a cada paso en máis fogares a través da web propia, da nosa canle de youtube, das redes sociais de facebook, twitter e instagram, e do servizo VOD (Vídeos Baixo Demanda) para todos os clientes de Movistar +.

ATÓPANOS NO YOUTUBE DE NÓS TELEVISIÓN E EN MOVISTAR +

Queres saber máis?