Home Programas Área Compostela Seis institucións acordan potenciar a reindustrialización de Compostela

Seis institucións acordan potenciar a reindustrialización de Compostela

0
Seis institucións acordan potenciar a reindustrialización de Compostela

Captar e asentar empresas na área norte da cidade de Santiago é a idea principal do acordo asinado hoxe entre o Concello de Santiago, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGAPE, Universidade de Santiago de Compostela, a Cámara de Comercio e a Asociación Área Empresarial do Tambre. Logo da sinatura os diferentes representantes institucionais explicaron o significado desta iniciativa. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, valorou as sinerxias que representan este acordo.

Potenciar o “pulmón empresarial de Santiago”

O Concello de Santiago, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, Igape, Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio e a Asociación Área Empresarial do Tambre asinaron hoxe o protocolo
O Concello de Santiago, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, Igape, Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio e a Asociación Área Empresarial do Tambre asinaron hoxe o protocolo

As entidades asinantes do protocolo amosaron a importancia desta sinatura coa que se pretende sentar as bases dun novo impulso no “pulmón empresarial de Santiago”, tal e como indicou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez

O presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel, parabenizouse da iniciativa mais botou en falta máis implicación da Xunta coa cidade

Tamén participou o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño,  que indicou que deu conta da confluencia das distintas institucións e entidades asinantes deste acordo.

Ata 2020

O obxectivo do protocolo asinado hoxe é establecer un marco de colaboración para realizar actuacións conxuntas entre as seis institucións no eido da planificación e desenvolvemento das infraestruturas produtivas. O acordo estenderase ata o 31 de decembro de 2020.