Seguen chegando a Raxoi sentenzas negativas sobre a xestión dos gobernos anteriores

Ao goberno municipal tócalle pagar o pato; unha tendencia habitual nesta lexislatura

Cada certo tempo as xuntas de goberno do concello de Santiago teñen que dar conta de sentenzas negativas por procesos xudiciais. Desta vez Martiño Noriega, alcalde de Santiago, informou en rolda de prensa que Raxoi deberá facer fronte ao pago de 173.118 euros en relación á liquidación do servizo de transporte urbano correspondente ao ano 2014.

Xa estamos acostumados

Outros asuntos

Tamén na mesma rolda de prensa Noriega informou que se aprobou o proxecto do programa piloto para a posta en funcionamento do centro educativo e de lecer María Miramontes, a ludoteca.

Outro dos temas da Xunta de hoxe foi a aprobación da ampliación do horario de peche dos establecementos de hostalería da cidade para as noites do 7 ao 14 de maio polas Festas da Ascensión e do 28 ao 31 de xuño pola celebración en Compostela do Festival “O son do camiño”.