Santiago estuda recuperar a xestión pública da auga

Desde Raxoi hai votade por "recuperar o servizo fronte ao negocio privado"

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi con Luis Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (AEOPAS) co obxectivo de valorar a posibilidade de recuperar a xestión pública do servizo de augas de Compostela.

Visita a Compostela de Luis Babiano


Martiño Noriega explicou que hai vontade por parte deste goberno municipal de recuperar este servizo, un trámite que xa viviu cando era alcalde en Teo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Cidades pola Auga pública

No mes de novembro Martiño Noriega participara no encontro “Cidades pola Auga Pública” celebrado en Madrid xunto a outros alcaldes e alcaldesas de concellos como Madrid, Barcelona, Valencia, Zaragoza ou A Coruña. Neste encontro  o alcalde xa se amosara partidario da remunicipalización deste servizo fronte ao negocio privado.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -