Home Programas Área Compostela Santiago di non ás violencias machistas

Santiago di non ás violencias machistas

1
Santiago di non ás violencias machistas

Santiago continúa a ser un clamor social contra as violencias machistas. o acto central polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres tivo lugar no Teatro Principal coa lectura dun manifesto a cargo da escritora Rosa Aneiros e as intervencións do alcalde da cidade, Martiño Noriega, Marta Lois, concelleira de Igualdade, varios membros da corporación e o alumnado de varios centros de ensino do municipio. Noriega salientou a importancia da campaña e a educación para mudar a situación.

Compostela en negro non é xa unha campaña do Concello, senón que pasou a ser da veciñanza

Manifesto

“A loita contra este tipo de violencias ten que ser unha prioridade institucional”

O manifesto, lido pola escritora Rosa Aneiros, salientou os datos oficiais de violencia machista, con 44 mulleres asasinadas no que vai de ano no Estado, unha delas en Galicia.

Un experimento social sobre a resposta ás violencias machistas

Nós Televisión emitirá o vídeo contra as violencias durante as vindeiras semanas

No acto tivo lugar a proxección do spot titulado “Experimento social en negro contra as violencias”, de Uqui Permuy e Valentín Carrera realizado coa colaboración do colectivo vigués Comando Igualdade.

Tamén participaron alumnos e alumnas dos institutos Arcebispo Xelmirez I, Lamas de Abade, Arcebispo Xelmírez II e Rosalía de Castro. Ao remate interviñeron as xogadoras do equipo feminino de roller derby As Brigantias.