Home Programas Área Compostela Santiago aposta por unha “cidade accesible” e sen barreiras para toda a veciñanza

Santiago aposta por unha “cidade accesible” e sen barreiras para toda a veciñanza

0
Santiago aposta por unha “cidade accesible” e sen barreiras para toda a veciñanza

Compostela celebrará o vindeiro 27 de setembro o Día da Accesibilidade dentro da Semana da Mobilidade que organiza o Concello de Santiago. Para ese día, coa colaboración de Cogami, reivindicarase un modelo diferente de cidade. A actividade central será un percorrido en cadeira de rodas a partir das 12 do mediodía, baixo o lema “Ponte no meu lugar”.

Unha cidade inclusiva e accesible para toda a veciñanza

Presentaron a iniciativa o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a representante da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e presidenta da Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca (Amico), Susi Pérez.

As caras coñecidas

Os participantes na ruta, caras coñecidas como Isabel Blanco, Pedro Nimo ou Esther Pedrosa, partirán dende Carreira do Conde cara á Senra, seguirán cara o cruce co Hórreo e baixarná cara a rúa de Montero Ríos. Dende alí, os participantes volverán cara Carreira do Conde a través de Xeneral Pardiñas. A presidenta de Amico explicou que hai que apostar pola accesibilidade universal.

Ademais, a esta campaña tamén hai que sumarlle o apoio económico que o propio Concello levará a cabo para facilitar o transporte ás persoas con dificultades de mobilidade.

http://nostelevision.gal/desde-raxoi-insisten-na-implementacion-dunha-nova-mobilidade-centrada-nos-desprazamentos-das-persoas/