A Rosalía máis moderna ocupa a praza de Cervantes de Compostela

Dentro dos actos do Festival Rosalía o sábado tivo lugar na praza de Cervantes en Compostela a Feira Rosalía, un mercado con múltiples obxectos que teñen como protagonista á nosa máis grande poeta.

Na Feira Rosalía, na que se deron cita 17 produtores e produtoras, víronse creacións moi variadas como camisolas, pandeiretas, chaveiros, cadros, cerámicas, libros, cuncas, cervexa.

A “marca Rosalía”

Na coñecida praza compostelá amosaron as súas crea cións empresas e colectivos como Animosa. Alma y Coraje, As galegas. Cervexa ecolóxica, Libraría Pedreira, Libraría de Mulleres Lila de Lilith, Libraría Couceiro, Nikis Galicia Style, BOH Galicia, Cerámica Regal, Deica! Creacións, Imprime 3D, Irene Silva (Galiestampa), Obradoiro A Candelaria, OZOCOgz, Rei Zentolo, Rosalianas, Studio Variopinto e Son Humanita.