Rematou, con grande éxito, a Rapa das Bestas de Sabucedo

Adentrámonos na rapa máis tradicional do noso país para conversar con veciños e visitantes

Entradas Esgotadas, así lucían as billeteiras do curro minutos antes de comezar as Rapas deste fin de semana en Sabucedo. Milleiros de visitantes acudiron un ano mais a esta pequena parroquia estradense a coñecer a Rapa máis tradicional e pasar uns días de lecer en sintonía coa natureza.

Unha festa onde o protagonista é o cabalo

Como sempre, a mañá do venres, veciños de Sabucedo reuníronse nunha misa matinal na honra ao patrón, para logo subir ao monte a xuntar os cabalos. Este ano víronse retrasados na localización das greas por mor dunha intensa brétema matinal, reunindo finalmente arredor de 200 animais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Conversamos con participantes da Rapa das Bestas de Sabucedo

Tras a tradicional baixa e entrada en Sabucedo, o fin de semana realizáronse dúas Rapas que chegaron a pouco para o gran número de visitantes que se acercaron á festa. Acampadas, comidas campestres, polbeiros, actividades gratuítas para os máis pequenos, atraccións, e todo acompañado de boa música, completaron estas xornadas nun entorno único.

O luns, como ven sendo habitual nas últimas edicións, celebrouse o curro solidario que este ano foi a favor da Fundación Amigos de Galicia, cunha recadación de 7.776 euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -