Home Programas Área Compostela Rectifica o IDAE: Santiago poderá optar a 1,5 millóns de euros na renovación do alumeado

Rectifica o IDAE: Santiago poderá optar a 1,5 millóns de euros na renovación do alumeado

0
Rectifica o IDAE: Santiago poderá optar a 1,5 millóns de euros na renovación do alumeado

A polémica decisión do Consello de Administración do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) que deixaba sen opción ao concello de Santiago para optar a unas axudas para a renovación do alumeado por tramitar uns documentos en galego quedou desestimada. Segundo informou en rolda de prensa o alcalde Santiago, Martiño Noriega o concello recibiu unha notificación o IDAE admite a incorporación á solicitude do Concello de Santiago do informe inicialmente enviado en galego, o da interventora municipal.
 
O Concello de Santiago presentara alegacións contra a desestimación da solicitude de préstamo por parte do IDAE, sinalando que o organismo estatal debera requirir que se achegara o informe redactado en castelán para emendar o erro, no canto de desestimar directamente a peticiónA renovación da iluminación que se realizará con esta axuda suporá un importante aforro enerxético, de case 240.000 euros anuais.