“Recicla o xénero”: procurando a igualdade nos institutos

“Recicla o xénero” púxose en marcha no curso escolar 2015 no marco da campaña de sensibilización entorno ao día 25 de novembro, día mundial da eliminación da violencia contra a muller.

As concelleiras de Mocidade e Igualdade, Noa Morales e Marta Lois, presentaron en rolda de prensa os obradoiros de igualdade Recicla o xénero, unha iniciativa que xorde do proceso piloto de orzamentos participativos de Mocidade. O obxectivo desta actividade é abordar a loita contra as violencias machistas e a procura da igualdade entre os mozos e mozas de Compostela.

As actividades desenvonveranse entre os meses de outubro e novembro de 2016 e entre abril e maio de 2017 como explicou María Traveso, de Promove. A edil de Igualdade explicou en cifras a problemática e como esta actividade pode combatila.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -