Con motivo da celebración do día Mundial da Radio, visitamos Radio Kalimera, un medio libre nado hai máis de 25 anos e que hoxe ten a súa sede na Casa do Peixe, na cidade de Santiago de Compostela. Conta con sete persoas activas, mais a radio nútrese de achegas das persoas de a pé. De feito, desde ela, crese e apóstase polo xornalismo cidadán. Conversamos con Natalia Veiga e Raquel Enríquez sobre o funcionamento deste proxecto
Onte, no Día da Radio, conversamos con Natalia e Raquel, de Radio Kalimera https://t.co/vbpAyLvhcg Proxecto libre feito desde e para o pobo pic.twitter.com/d4WKo3bCeA
— Nós Televisión (@NosTelevision) 14 febreiro 2017
Autoxestionada, libre e sen fins lucrativos
Nun día coma onte pensamos nas grandes emisoras, mais é necesario apostar por contidos locais, dos barrios e comprometidos coa xente. Só deste xeito poderemos chegar aos intereses de todas e todos os radio ouvintes e en xeral, da audiencia.