“Queremos xustiza”. O feminismo galego mobilízase ante a sentenza da vergoña

Compostela acollerá hoxe unha mobilización desde as 20:00h na praza 8 de marzo. A sentenza por abusos sexuais continuados, non por violación, provoca indignación social

“Se nos tocan a unha, respostamos todas”. O feminismo galego convoca hoxe mobilizacións en todo o país ante a sentenza que se vén de coñecer contra os acusados da Manada.

Mobilizacións convocadas en Galicia para hoxe

A sentenza, que desbota o delito de violación e que fica moi lonxe de ser exemplarizante, marca un duro precedente xurídico. O Tribunal de Navarra non ve delito por violación e si por abuso sexual o que deixa a pena máxima en 9 anos. A mellor das resolucións para os acusados despois da absolución. As primeira resposta por parte do feminismo é de completa raiba tras coñecerse a sentenza ao negar a xustiza a violación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A xustiza española non nos protexe

A Audiencia Provincial de Navarra condena, deste xeito, a 9 años de prisión por abuso sexual aos cinco homes denunciados por violación en grupo a unha moza durante os Sanfermins.  O fallo afirma que non houbo nin intimidación nin violencia.

As manifestantes piden xustiza

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -