O PSdeG preocúpase pola situación dos traballadores da ORA

Continúa a lea polo conflito da xestión da ORA e o guindastre. O PSdeG amosa a súa preocupación acerca da situación dos 46 traballadores de Setex Aparki, empresa que presta o servizo sen vínculo contractual dende hai dous anos. De non producirse finalmente a municipalización da ORA, proposta polo goberno local, o futuro da plantilla da anterior concesionaria ficaría no aire, xa que a nova Lei de Contratación do Sector Público, que entrará en vigor en marzo, permitiría á nova empresa desbotar ó persoal actual.

Emporiso, o grupo municipal socialista trasladará un escrito ao goberno de Compostela Aberta para coñecer o plan de actuación do Concello ante esta complicada situación.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego