O PSdeG lamenta os “intereses ocultos” trala Lei de Saúde

O deputado Julio Torrado lamenta que o PP prosiga co seu "trámite parlamentario"

As críticas ante a negativa do Partido Popular a suspender o Pleno chegaron tamén dende a bancada socialista. Julio Torrado, deputado do PSdeG-PSOE, acusa ao grupo de goberno de seguir adiante co seu “trámite parlamentario” esquecendo o acontecido o pasado domingo.

Para Torrado, esta decisión evidencia os “intereses ocultos que non están no debate público”, e que terían como eixo a “privatización” do sistema sanitario.