Home Programas Área Compostela O PSdeG decantará nos vindeiros días o seu voto para os orzamentos composteláns de 2018

O PSdeG decantará nos vindeiros días o seu voto para os orzamentos composteláns de 2018

0
O PSdeG decantará nos vindeiros días o seu voto para os orzamentos composteláns de 2018

O goberno municipal non ten garantida aínda a aprobación dos orzamentos do vindeiro ano. Malia ter asegurado ante os medios que Compostela Aberta contaría co apoio do BNG e o PSdeG, o grupo socialista non decidiu arestora o seu posicionamento neste senso.

Paco Reyes recoñece que Compostela Aberta inclúe propostas importantes do grupo socialista

Por unha banda, a formación vermella admite que o anteproxecto inclúe varias das súas propostas, tales coma o incremento dos fondos destinados á axuda social primaria.

Críticas polo baixo nivel de cumprimento orzamentario

Porén, o PSdeG critica, ao igual que o BNG, o baixo nivel de cumprimento dos orzamentos nos últimos dous exercicios. Así e todo, a formación bota en falta ter participado non só no deseño do orzamento de gastos, senón tamén no capítulo de ingresos. Neste eido, os socialistas terían aumentado as taxas municipais das compañías eléctricas e as entidades bancarias, mentres que se diminuiría o imposto de bens inmóbeis co obxectivo de “mellorar a situación das familias compostelás”.

A decisión final saberase “nos vindeiros días”

En consecuencia, o grupo municipal do PSdeG non decidiu aínda se vai permitir a aprobación destes orzamentos ou ben votará en contra deles. O voceiro socialista anunciou que comunicará a súa decisión final a Compostela Aberta nas vindeiras datas, malia que todo parece indicar que o partido optará pola abstención para non impedir a súa aprobación.

Os orzamentos do 2018 increméntanse nun 7% cunha forte aposta polas políticas sociais