Home Programas Espazo Aberto Primeiro acto en Galiza a favor do referendo catalán

Primeiro acto en Galiza a favor do referendo catalán

0
Primeiro acto en Galiza a favor do referendo catalán

A Gentalha do Pichel, en Compostela, acolleu o pasado 15 de setembro o primeiro acto en favor da celebración do referendo de autodeterminación en Cataluña logo de que a fiscalía española prohibira a difusión da consulta do 1 de outubro. A organización do acto realizouna o grupo de militantes nacionalistas Isca e consistiu nun coloquio coa participación de Noa Presas, militante de Isca! e deputada do BNG no Parlamento Galego, Mònica Pujadas, portavoz das AJUP e Òscar Condomines, membro do movemento estudantil pola independencia, Universitats per la República.

Máis actos

A día de hoxe xa hai convocados máis actos de solidariedade co pobo catalán. O vindeiro día o 19 de setembro ás 18 h na Facultade de Filosofía de Compostela Galiza Nova realizará outro coloquio no que participarán Pernando Barrena, Pau Morales, Gonzalo Bonnin e Navia Rivas. Tamén se anunciou unha concentración cidadá para o mesmo día ás 20 h. no Obelisco da Coruña e unha grande manifestación convocada pola Plataforma Galiza con Catalunya para o día 30 de setembro en Compostela.