Home Programas Espazo Aberto Preséntase en Compostela o libro “Entullo” de Lorena Conde

Preséntase en Compostela o libro “Entullo” de Lorena Conde

0
Preséntase en Compostela o libro “Entullo” de Lorena Conde

A libraría Numax de Santiago acolleu o acto de presentación de “Entullo”, o traballo de Lorena Conde que este ano resultou gañador do XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña. Ademais da autora participaron a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o xornalista e poeta, Iván Cuevas e o violonchelista, Guillermo Alzagaray.

O xurado do premio, composto por Lucía Aldao, Pilar Pallarés, Marga do Val, Antón Lopo e Gonzalo Hermo, e presidido pola vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, valorou na obra premiada a “orixinalidade na construción das imaxes e no tratamento do tema: a visión do corpo como espazo de reconstrución, nun proceso de degradación física e emocional”.