Home Programas Área Compostela Pistoletazo de saída para a sexta edición da CorreSan

Pistoletazo de saída para a sexta edición da CorreSan

1

A nova edición do Circuíto de Carreiras Saudables, a Corresan, xa está aquí. E comeza, con forza, este mesmo sábado.

“Non é unha tolemia, é unha paixón” é o lema desta nova edición que contará con catro probas de aquí ata comezos de decembro. Para diferentes públicos e con percorridos e ubicacións distintas, a CorreSan xa é unha carreira fortemente consolidade na cidade.

A inscrición xa está aberta

Na web da CorreSan, a inscrición xa está aberta para a primeira das probas a un prezo de 6€ para persoas adultas sendo gratuíta nas categorías escolares.

Ademais, desde a organización deste evento deportivo xa deron tamén a coñecer as datas e ubicacións das restantes probas: 14 de outubro (Ruta da Prata-Angrois), 4 de novembro (Ruta dos Parques) e 2 de decembro (Mantible-Vite)