Paula Quinteiro non acepta a consulta por “vulnerar os principios de En Marea”

A deputada manterá o seu escano malia o resultado dunha consulta que, tal e como ela mesmo denuncia, supón un "proceso revogatorio encuberto"

A consulta xa está en marcha e as e os inscritos de En Marea xa poden votar. Porén, a protagonista desta polémica e deputada desta organización, amosou esta mañá a súa posición ante as cámaras de Nós Televisión.

Non é o mecanismo que se debera empregar

A deputada, militante da corrente anticapitalista de Podemos, restou lexitimidade á consulta promovida por Luís Villares e denunciou que padece unha situación de indefensión. Quinteiro denuncia que se están a “vulnerar os principios de En Marea” ao se tratar dun proceso “revogatorio encuberto”. Ademais, tamén denuncia que a pregunta que se está somentendo a votación é “absolutamente tendenciosa” ao dar por feito que tivera empregado a súa condición de parlamentaria para beneficiarse persoalmente.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -