Tralo preacordo alcanzado entre a Xunta de Galicia e USO, UGT, CCOO e CSIF, o conxunto das e dos traballadores do sector dan unha nova volta de cara á continuidade da folga ao rexeitar a proposta da Xunta; tal e como defendían os sindicatos restantes (CIG, CUT e STAJ).

Tema: O sector da Xustiza, en loita

O 52,8 por cento das traballadoras e traballadores votan contra a proposta da Xunta e a prol de continuar a folga. da xustiza. Deste xeito, o conflito entre a Xunta e os traballadores e traballadoras do sector administrativo da Xustiza semella estar lonxe de atopar unha solución nas vindeiras datas. Así é, a mobilización non cesará a curto prazo se o vicepresidente e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, “non cede”