Os residuos perigosos da antiga mina de Touro chegan ao Parlamento Europeo

A eurodeputada Lídia Senra, membro do GUE/NGL trasladou no Pleno do Parlamento Europeo de onte os temores da veciñanza de Touro e O Pino con respecto a que se poderían estar vertendo residuos tóxicos chegados de diferentes partes de Galiza sen tratar nas balsas e escombreiras da antiga mina de cobre.

Hai que parar esta mina e tamén os gravísimos vertidos de residuos tóxicos que se están facendo de tapadillo nas escombreiras e terreos da antiga

A propia Lídia Senra visitara recentemente a zona afectada pola antiga mina e tamén a aquelas que están en risco pola posible volta da megaminería a ceo aberto á comarca.

Gracias Lidia, por acompañarnos hoxe a visitar as zonas que seguen gravemente afectadas pola antiga mina, e aquelas que están en risco pola posible volta da megaminería a ceo aberto. Non á mina!

Publicado por Mina Touro – O Pino NON en sábado, 21 de octubre de 2017