“Os nenos da vella” álzanse co premio do “Quero cantar” na categoría infantil

“Os nenos da vella” da Coruña e “Máis boas cás patacas” de Teo gañan o certame musical “Quero cantar” da Deputación da Coruña

As formacións musicais “Os nenos da vella” da Coruña e “Máis boas cás patacas” de Teo veñen de gañar a segunda edición do Concurso musical infantil e xuvenil “Quero Cantar”, co que a área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña busca promocionar e difundir o uso da lingua galega, así como potenciar a creatividade poética e musical dos mozos e mozas da provincia.

Os nenos da vella

Seguimos adiantándovos o que se ha poder ver este venres en directo no Teatro Colón A Coruña. Chámanse Os Nenos Da Vella e veñen de alí ao lado, da zona vella da Coruña e cantan así:

Publicado por Quero cantar en Miércoles, 18 de octubre de 2017

“Os nenos da vella” é una formación coruñesa formada Noa (voz e percusión), Mikel (caixón e coros) e Yune (baixo e coros), e cuxo nome provén do lugar onde xogan e cantan a diario, pois a totalidade dos integrantes proceden do casco vello da cidade herculina.