A mítica peza musical “O carro”, un poema de Manuel María musicada por Baldomero Iglesias “Mero”, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha merecida homenaxe por parte do concello de Santiago polo seu significado e aproveitando a súa interpretación nas festas do Apóstolo por parte do grupo Treixadura, o Coro Cántigas e Agarimos e a Banda municipal de Música.

Hai  sensibilidade especial no concello por recoñecer unha canción

No acto participaron o alcalde da cidade acompañado de membros da corporación, deputados, e numerosos músicos e escritores xunto ao propio Mero.

Homenaxe de Raxoi ao poema "O Carro"

Emotivo e unánime acto de recoñecemento do Concello de Santiago ao poema "O Carro" de Manuel María e musicado por Mero.Máis info en nostelevision.gal/ocarro

Publicado por Nós Televisión en viernes, 8 de septiembre de 2017

Recoñecemento institucional

Martiño Noriega salientou o recoñecemento ao poeta a través desta acción. Pola súa banda, Xaquín Xesteira, membro de Treixadura, explicou os arranxos que realizou para poder facer partícipes desta fermosa ao seu grupo ao Coro Cántigas e Agarimos e á Banda municipal de Música.

Quédanos ao resto do país montarn un mesmo carro que se chama Galicia

O acto rematou no mesmo Salón Vermello coa entrega aos protagonistas dunha edición especial coa partitura musical de Xaquín Xesteira desta peza.