Home Programas Espazo Aberto O universo creativo de Camilo Díaz Baliño

O universo creativo de Camilo Díaz Baliño

0
O universo creativo de Camilo Díaz Baliño

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) rende hoxe homenaxe Camilo Díaz Baliño, ilustrador, escenógrafo, pioneiro galego do deseño e pai de Isaac Díaz Pardo.

Para impulsar a conmemoración deste día, a AGPI e a Consellería de Cultura e Educación poñen en marcha a web www.diadailustracion.gal, onde están accesibles os principais recursos vinculados coa data, entre os que destacan o cartel coas actividades que promoven as bibliotecas de xestión autonómica arredor deste día.