O talento galego que quere volver e non pode

Laura Hospido e Juan Ramón García deron a coñecer as súas conclusións no Congreso “50 anos de Economía en Galicia” que acolleu a USC

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebrou cun congreso o seu 50º aniversario. Dúas xornadas con mesas e relatorios de temas actualidade como a nova organización empresarial, as condicións de vida da poboación, a formación universitaria, o sector pesqueiro ou o mercado de traballo reuniron nesta facultade a profesores e investigadores do máis alto nivel, procurando dar acoñecer situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos.

Laura e Juan, dous exemplos

Nunha das mesas, a do mercado de traballo, partiparon dous investigadores procedentes da propia facultade que traballan fóra de Galicia, Laura Hospido e Juan Ramón García.

Medra a desigualdade

Laura Hospido afirma que hai un crecemento da desigualdade mesmo relacionada co desfase entre titulación e retribucións ao que se lle engade, no caso galego, a dificultade de poder traballar no propio país.

Polo seu lado Juan Ramón García alertou de que os gobernos teñen que actuar e orientar á poboación sobre as mudanzas tecnolóxicas para non padecer consecuencias aínda maís graves en cuestión de emprego.

González Laxe e Touriño, presentes

Neste congreso participarou boa parte do profesorado e alumnado de anteriores promocións así como doutras universidades, como foi o caso, entre outros dos ex-presidentes da Xunta Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.