O radón é un gas radiactivo, cuxos efectos están directamente relacionados co cancro de pulmón. A Organización Mundial da Saúde establece que o radón é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco.
Está demostrado cientificamnte que unha alta exposición de radón incrementa o risco de cancro de pulmon. De feito, a OMS recomenda un nivel de referencia de 100 Bq/m3 para minimizar os riscos para a saúde na exposición ao radón. Pois ben, en Outes analizaron o nivel de radiación e superou os 300 Bq/m3 nunha parroquia e comprobaron unha preocupante porcentaxe de cancro na poboación.