Case un mes despois de saír á luz, a polémica xurdida a raíz do fraudulento Máster de Cristina Cifuentes segue a estar no punto de mira da actualidade política. Este escándalo supón para o PSdeG un “ataque” ao valor “meritocrático” dos estudos universitarios de grao e posgrao.
O PSdeG propón fomentar unha ampla oferta de títulos de posgrao
A proposta
En relación a este asunto, o grupo socialista insta ao Goberno da Xunta a apostar por unha oferta de posgrao “de calidade” para Galicia, o cal podería axudar a “reter” ao estudantado do país e atraer “novos talentos” procedentes doutros Estados. Asemade, Leiceaga criticou tamén o actual sistema de bolsas e axudas para estudantes, considerando que as contías son “insuficientes” e o servizo está “mal deseñado”, xa que non impiden que moitas persoas teñan que viaxar a outros países para completar os seus estudos e iniciarse no mercado laboral.