O PNV lamenta os ataques de Rajoy ás linguas cooficiais

O viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco cre que é preciso "valorar" a pluralidade lingüística, mais evita pronunciarse acerca do voto do PNV aos Orzamentos do Estado

A pasada fin de semana, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, criticou nun acto celebrado en Mallorca os “debates sobre linguas” que se producen nas comunidades autónomas onde existe unha lingua cooficial xunto co castelán. Nesta liña, lamentou as “políticas de exclusión e imposición” que, baixo o seu criterio, acompañan a determinados plans de normalización lingüística.

Estas declaracións xorden nun momento delicado para a súa executiva, xa que está a negociar con formacións coma o PNV a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado. O viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco, Joxean Muñoz, que estes días visita Compostela, considera que é preciso “valorar” a pluralidade de idiomas e non “deixar de lado” linguas minorizadas como poden ser o euskera ou o galego. Porén, evita pronunciarse sobre o voto do seu partido aos orzamentos alegando que “é unha decisión que lle corresponde aos seus homólogos no Congreso.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -