O Plenario de En Marea dá luz verde á continuidade de Villares como portavoz único

Luís Villares continuará como portavoz único da Marea. O Plenario desta formación, celebrado no Pazo de Congresos de Santiago, rexeitou a emenda das e dos críticos de Recuperar En Marea.

No Plenario participaron tamén, para render contas, as e os parlamentarios da Marea no Congreso. O encargado de presentar as accións realizadas no período foi Antón Gómez Reino, con quen tamén falamos.

Pouco antes de rematar o Plenario, Luís Villares tamén deu contas diante dos medios de comunicación asegurando que, da xuntanza de hoxe, non hai nin perdedores nin gañadores. «Sae un proxecto cohesionado».

O propio Villares, preguntado pola situación da formación, indicou que os resultados das votacións de hoxe non evidencian «unha fractura de calado».

No Pazo de Congresos estiveron presentes representantes de Anova, como Antón Sánchez ou Xose Manuel Beiras e, entre os dirixentes municipais, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.