O Instituto de Diversificación y Ahorro, dependente do Ministerio de Industria, denegoulle unha liña de axudas a varios concellos galegos, entre os que se atopan Santiago e Teo, por enviar unha parte da documentación en lingua galega.
Este organismo castiga deste xeito a un idioma oficial e non acepta que se lle poda volver a enviar a documentación traducida ao castelán.