Home Programas Área Compostela O folk de Milladoiro volve a Compostela nestas Festas do Apóstolo

O folk de Milladoiro volve a Compostela nestas Festas do Apóstolo

0
O folk de Milladoiro volve a Compostela nestas Festas do Apóstolo

O Certame Folk das festas do Apóstolo chega a súa VI edición cunha proposta máis familiar e coa presenza dos veteranos Milladoiro. A xornada do 22 de xullo, dentro da programación das Festas do Apóstolo, traerá á Praza da Quintana o folk irlandés e o galego.

Pepe Barreiros, INTEGRANTE DO GRUPO MILLADOIRO): “Tocar na Quintana sempre é especial”

A praza da Quintana acollerá actividades distintas desde as 10 da mañá e ata o remate dos concertos pola noite co grande peche a cargo de Milladoiro. Un dos seus compoñentes, Pepe Ferreirós, recoñeceu a importancia dese lugar para todo grupo folk.

O Certame Folk deste ano contará coa presentación do músico Xabier Díaz e todas as súas actividades serán de balde.