Home Programas Área Compostela O ensanche compostelán vólcase coa Ascensión

O ensanche compostelán vólcase coa Ascensión

0
O ensanche compostelán vólcase coa Ascensión

O ensanche compostelán vólcase coa Ascensión. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, adiantou en rolda de prensa algunhas das actividades que o tecido comercial do Ensanche ten preparado para as festas da Ascensión. Na sala de prensa do Pazo de Raxoi compareceu xunto a José María Fernández, presidente de Santiago Centro, e Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos.

Xosé Manuel Durán apuntou a colaboración das entidades na festa


Promovida en colaboración coa Asociación de Hostalería de Santiago e Comarca, a terceira edición da Festa do Comercio, onde os establecementos sairán á rúa con propostas lúdicas e de animación, tamén contará entre o 1 ao 20 de xuño na praza Roxa cun mercado de artesanía, Compostela Art 2017, que terá lugar nun pavillón modular situado na mesma praza.