O Concello facilitará asesoramento ás persoas afectadas por desafiuzamentos

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asinou dous convenios con entidades que poden asesorar ás persoas que estean en trámite de desafiuzamento. Neste caso foron o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Santiago, representados polos seus respectivos decanos, María Rosa Álvarez e Evaristo Nogueira.

No caso do Colexio de Avogados, desenvolverase un programa piloto de asesoramento xurídico para casos de desafiuzamento como explicou Evaristo Nogueira. Pola outra banda, o convenio co Colexio de Psicoloxía de Galicia está orientado ao desenvolvemento dun programa piloto de intervención psicolóxica en casos de desafiuzamento. Explicouno María Rosa Álvarez.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Tamén pola mañá no Pazo de Raxoi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, mantiveron un encontro con membros do Club de Cans “Só lles falta falar” coa que o Club quixo dar conta das actividades que teñen previstas para os vindeiros meses, moitas delas en colaboración co propio Concello.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -