Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago recibe ás alumnas e alumnos de intercambio do Instituto Johann Philipp Reis Shule

O Concello de Santiago recibe ás alumnas e alumnos de intercambio do Instituto Johann Philipp Reis Shule

0
O Concello de Santiago recibe ás alumnas e alumnos de intercambio do Instituto Johann Philipp Reis Shule

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, xunto co alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiron no día de hoxe a alumnas e alumnos do Instituto Johann Philipp Reis Shule, da cidade de Weinheim, en Alemaña, que farán un intercambio co alumnado do IES Pontepedriña. O edil explicou a importancia das amizades que se forxan entre as doce rapazas e rapaces e en definitiva, entre as cidades. Na mesma liña, o profesor de Economía e Español, Oliver do colexio alemán, amosou o seu contento polo enriquecedor programa de intercambio.

A estancia na nosa cidade perdurará ata finais da semana, coincidindo a que vén coa estadía dos nosos en Alemaña. O obxectivo, en principio, é perfeccionar o inglés, malia que isto transcenda e o que quede, sobre todo, sexan as amizades e sobre todo, a experiencia. O propio Manuel Dios afirmaba, incluso, que estaba convencido de que grazas a esta estancia, as rapazas e rapaces alemáns “volverían no futuro a visitar Compostela”.