O Concello adxudica as obras do aparcadoiro público na avenida de Ferrol

A superficie terá entre 55 e 75 prazas de estacionamento, e levantarase sobre unha parcela reservada para o Centro de Saúde que, malia as múltiples demandas dende Raxoi, non entra nos plans inmediatos da Xunta

O alcalde de Santiago vén de anunciar a adxudicación das obras do aparcadoiro público que se construirá no barrio de Conxo, cun orzamento que rolda os 100.000 euros e un prazo de execución de tres meses. O proxecto realizarase na parcela da avenida de Vilagarcía reservada para a edificación do Centro de Saúde que o Concello demandou á Xunta en múltiples ocasións.

Outros acordos: subvencións para a reciclaxe e a cultura

Por outra banda, o rexedor local deu conta da concesión do programa de actividades da Rede Cultural 2018, que terá un custo superior aos 21.000 euros e será subvencionado pola Deputación e o propio Concello. Tamén recibirá unha inxección de fondos o proxecto de reciclaxe ‘Tropa Verde’, debido á súa inclusión no programa europeo ‘Urbact’. Esta iniciativa obterá 72.150 euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -