O “Compostela en negro” avanza e achégase a todo o País

Tres deputacións, setenta concellos e máis de 3.000 establecementos súmanse este ano ao Compostela en Negro

A lacra das violencias machistas evidencia a necesidade de educar á sociedade na igualdade. Con este propósito naceu a iniciativa do Concello de Santiago ‘Compostela en Negro’, que na súa terceira edición exténdese cara a setenta concellos de toda Galicia. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou as novidades en sala de prensa.

Crear conciencia

Preme na imaxe para acceder á campaña

Un dos obxectivos fundamentais da campaña é crear conciencia social entre os máis novos para combate-las violencias machistas na mocidade. Colexios e institutos de toda Galicia sumaranse á iniciativa.

Outra das novidades que incorpora a edición deste ano é a presentación da iniciativa ante a Unión Europea. Enviados especiais do Concello comparecerán o vindeiro luns día 6 ante unha Comisión de Igualdade europea.