O BNG quere en Compostela un Debate do Estado do Concello

O portavoz do BNG no concello de Santiago, Rubén Cela, instou en rolda de prensa ao Goberno municipal a convocar o Debate do Estado do Concello no que se analizace a situación actual e se poidan formular propostas en positivo para o futuro.

Cela dixo que a idea está nun artigo do Regulamento orgánico municipal do Pleno de Santiago de Compostela e que xa se realizaron varios cando gobernaba o BNG e o PSdeG.

Segundo explicou Rubén Cela a normativa interna regula que durante cada mandato se realizarán tres plenos extraordinarios de Debate de Estado do Concello, a excepción do ano en que se convoquen eleccións municipais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -