O BNG levará o futuro das pensións ao Parlamento

Xuntanza entre o Bloque e a Confederación Intersindical Galega

O futuro das pensións, a situación laboral e a política social foron os temas tratados hoxe na reunión que mantiveron na sede nacional do BNG a súa Portavoz nacional, Ana Pontón, e o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo.

Ana Pontón anunciou unha batería de iniciativas que o BNG pensa presentar no Parlamento e avanzou o apoio do Bloque ao calendario de mobilizacións previsto pola CIG.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

vlcsnap-2017-01-19-17h22m02s804A CIG non descarta a convocatoria dunha folga xeral

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo explicou cal sería este calendario de mobilizacións e adiantou que non descartaba a convocatoria dunha folga xeral se o goberno central do Partido Popular non rectificaba a súa política.

O obxectivo destas mobilizacións, segundo sinalou o secretario xeral da CIG, é recuperar os dereiros laborais, económicos e sociais.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -