O BNG esixirá no Pleno medidas coas compañías eléctricas

Rubén Cela, portavoz do BNG no Concello de Santiago, presentará unha moción pedindo que se lles cobre o IBI pola paso de tendido eléctrico

As consecuencias do temporal tamén chegaron ao Pazo de Raxoi. O portavoz do BNG en Raxoi, Rubén Cela, anunciou en rolda de prensa que a organización nacionalista presentará unha moción no vindeiro Pleno municipal ordinario cunha serie de medidas para esixirlle responsabilidades ás compañías eléctricas subministradoras. O voceiro do Bloque pretende, así, paliar os danos causados polos temporais dos últimos días.


Rubén Cela criticou a actuación das compañías eléctricas que xestionan os servizos no municipio e denunciou unhas actuacións que, en palabras do nacionalista, crea “trastornos á cidadanía“. Desde o BNG tamén solicitarán que o Concello de Santiago “preste apoio e asesoramento á veciñanza afectada” polos cortes do subministro eléctrico