O Bloque xunta aos cargos institucionais dos Concellos afectados pola Mina de Touro

O BNG realizou unha nova mobilización contra a mina de Touro

- Publicidade -

Unha nutrida representación de concelleiros e concelleiras dos municipios afectados polo megaproxecto mineiro realizou unha visita á propia mina e ás zonas afectadas.

Deste xeito, a formación nacionalista alertou o pasado sábado sobre un proxecto de reapertura da mina que implicaría a ampliación de 2.000 hectáreas e 120.000 quilómetros cadrados e suporía “a desaparición de miles de hectáreas de terras agrarias produtivas”

Estamos falando dun novo Corcoesto e non se pode permitir

O Bloque amosou a súa preocupación polas dimensións deste proxecto de megaminería: Unha “auténtica bomba para o medio ambiente”, que afecta e miles de veciños e veciñas, que pon en risco miles de empregos na agrogandería e na pesca e marisqueo.