Home Víchelo? Do noso mellor en galego. Etiquetaxe na nosa lingua

Do noso mellor en galego. Etiquetaxe na nosa lingua

0
Do noso mellor en galego. Etiquetaxe na nosa lingua

No entorno da feira que se celebra en Mondaríz celebrouse unha mostra de produtos etiquetados en galego coa participación de 14 produtores que abranxen distintas marcas comerciais: queixos, cafés, chocolates, cervexas, viños, licores, vermús, fariñas, castañas, galletas, carnes, embutidos, etc… Unha nova edición promovida polo Foro E. Peinador-Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros coa que se pretende divulgar a etiquetaxe en galego entre os consumidores. O presidente do Foro Peinador insistíu na necesidade de apoiar a variedade de marcas comerciais que se identifican coa lingua e cultura do país.